Entroido 2017
22 DE FEBREIRO DE 2017

- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: O día 24 de Febreiro conmemorase o 180 cumpreanos da autora galega por excelencia. Podes comprobar as actividades que o Concello de Brión ten porgramadas con motivo desta efemeride.


- VIAXE DOS MAIORES: O tradicional viaxe dos maiores deste ano 2017 vaise celebrar dende o 25 de marzo ata o 1 de Abril e terá como destino a localidade de TORREMOLINOS.

- SENDEIRISMO MARZO 2017: Comezamos a tempada de rutas de sendeirismo cunha ruta gratuíta dende a Carballeira de Santa Minia ata o Monte San Marcos (Ames), será o vindeiro 11 de marzo.

- BRION - HISTORIA, ECONOMÍA, CULTURA E ARTE: O vindeiro 3 de marzo ás 20:30 h. no Centro Social Polivalente vai presentarse a nova edición 2016, revisada e ampliada deste libro do profesor Clodio González Pérez.

- RECLAMACIÓN CORTES DE LUZ: Os vecinos e veciñas afectados polos cortes de suministro eléctrico sucedidos nas derradeiras semanas, dispoñen dun servizo gratuíto de asesoramento procedente da Deputación da Coruña.

- ENTROIDO 2017: Acabanse de publicar as BASES e o CARTEL que rexerán o desfile e concurso de Entroido do Concello de Brión e que se celebrará o vindeiro día 5 de marzo.

- CEA SOLIDARIA: Un ano mais a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar a IV Edición Cea Solidaria en Apoio do Pobo Saharaui co fin de recaudar fondos para o programa Vacacións en Paz que todos os anos trae a varios nenos/as refuxiados a Galicia durante os meses do verán.

- ITV AGRÍCOLA: A estación móbil UM 3 que fai a inspección periódica obrigatoria de vehículos agrícolas e de obras e servizos vai estar en Brión o xoves 9 de marzo.

- POBREZA ENERXÉTICA: Convocanse axudas contra a pobreza enerxética para vitar cortes de suministro eléctico e de gas.

- COMPETENCIAS CLAVE: De cara á vindeira convocatoria para a realización das probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego, o Concello de Brión convoca un curso de preparación das COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2.

- CURSOS DE FORMACIÓN:Novos cursos de formación de cara o vindeiro mes de marzo, manipulador de productos fitosanitarios, excel [folla de cálculo], mecanografía para adultos e linguaxe de signos.

- PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

- CLUB CAMALEÓN: Actividade de animación á lectura para nenos/as de 3 a 8 anos de idade acompañados dun adulto. Na Biblioteca Pública Municipal de Brión.

- TERMALISMO 2017: Convócanse prazas de balnearios para o ano 2017. As solicitudes poden presentarse no Centro Social Polivalente.

- III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: O Concello de Brión en colaboración coa Diputación de A Coruña veñen de presentar o III plan de igualdade entre homes e mulleres que estará en vigor durante os anos 2016 a 2019. Podes ver o texto integro no apartado de Servizos Sociais.

- REXISTRO MUNICIPAL DE FAMILIAS DE ACOLLIDA PARA REFUXIADOS: Vense de crear no concello un rexistro con tal fin, os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais ou ao tl. 981 50 99 10.

- OBRIGAS DOS POSUIDORES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA: Recordatorio das obrigas que han de cumprir os posuidores de animais domésticos de compañía segundo a ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, publicada no BOP Nº 50, do 1 de marzo de 2003.

ITV agrícola 2017
24 de Febreiro: día de Rosalía de Castro
Reclamación de danos polos cortes de suministro eléctrico