Nadal 2017
23 DE NOVEMBRO DE 2017

- BO NADAL: Programación cultural do Concello de Brión para os vindeiros meses de Decembro e Xaneiro especialmente centrado nos mais pequenos da casa.

- XXII FESTIVAL DE TÍTERES: Un ano mais o festival internacional de títeres de Brión celebrase os días 28 e 29 de Decembro e 2 e 3 de Xaneiro. Pariciparán compañias de Arxentina e Galicia. Con entrada de balde ata completar aforo.

- II FESTIVAL DE CORTOS DE BRIÓN: celebrarase o dia 1 de decembro na Sala de Exposicións da Casa da Cultura con entrada gratuía ata completar aforo. Proxectaranse os cortos gañadores da pasada edición do festival cortoespaña.

- OBRADOIROS DE NADAL: Para nenos e nenas dende o 26 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 10 a 13h. Haberá servizo de transporte previa solicitude.

- BRIÓN SOLIDARIO: Un ano mais ponse en marcha a campaña de recollida de alimentos no Nadal. Podense doar alimentos non perecedoiros, correctamente empaqueados, especialmente azucre, productos de Nadal, hixienen persoal e conservas... nos centros municipais e no supermercado FROIZ de Montebalado.

- CLUB CAMALEÓN: Club de lectura para os mais pequenos da casa, celebrarase os segundos sábados de cada mes na Biblioteca Municipal a partires do mes de outubro. Informate na propia Biblioteca.

- III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: O Concello de Brión en colaboración coa Diputación de A Coruña veñen de presentar o III plan de igualdade entre homes e mulleres que estará en vigor durante os anos 2016 a 2019. Podes ver o texto integro no apartado de Servizos Sociais.

- REXISTRO MUNICIPAL DE FAMILIAS DE ACOLLIDA PARA REFUXIADOS: Vense de crear no concello un rexistro con tal fin, os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais ou ao tl. 981 50 99 10.

- OBRIGAS DOS POSUIDORES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA: Recordatorio das obrigas que han de cumprir os posuidores de animais domésticos de compañía segundo a ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, publicada no BOP Nº 50, do 1 de marzo de 2003.

Festival de Titeres 2018
BrionSolidario 2017
Obradoiros de Nadal 2017