O Concello de Brión iniciará nos vindeiros días a campaña "Conversas co alcalde", unha iniciativa pensada para crear espazos de diálogo directo coa veciñanza en todas as parroquias do municipio.
Coincidindo co Día Mundial do Teatro, coñecemos a obra gañadora da oitava edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.
O Concello de Brión tende a man á veciñanza para explicar persoalmente que fincas teñen que limparse, facilitar o listado das parcelas afectadas e resolver dúbidas sobre o alcance da obriga en cada caso