FEGATEATRO 2024| TEATRO DE CÁMARA DITEA: Un mal día teno calquera
A compañía Teatro de Cámara DITEA presenta en Brión, "Un mal día teno calquera"
DATA DE CELEBRACIÓN: sábado 27 de abril
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Comedia | Para público adulto | Duración: +50 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.
SINOPSE:
Paco e Cristina, a pesar da súa mala situación económica, convidan aos seus amigos a unha cea de Nadal na súa casa, pero, á súa chegada, Natalia anuncia que o seu marido, Patricio, sufriu un accidente aéreo e nada se sabe del. A tráxica nova coincide con outra de signo totalmente contrario que vai mellorar, de xeito considerable, a vida dos anfitrións, algo que Paco, a pesar dos seus esforzos, non consigue contar a Cristina e que, cando o faga, provocará unha chea de equívocos e situacións divertidas.
Máis información na web da FEGATEA