Neste senso o Concello de Brión, no marco das accións de colaboración coa Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social y Migraciónes e mais a FEGAMP, puxo en marcha as seguintes liñas de colaboración:
- Xestión do REXISTRO DE FAMILIAS DE ACOLLIDA DE BRIÓN PARA PERSOAS REFUXIADAS: a día de hoxe existen 8 familias acolledoras inscritas e un total de 18 prazas.
- Programa BRION SOLIDARIO. As persoas refuxiadas teñen á súa disposición este programa que é capaz de abastecer de elementos necesarios para o fogar, roupa, calzado, material escolar, xoguetes, produtos de hixiene, alimentos de primeira necesidade, etc...
- As persoas refuxiadas teñen PRIORIDADE E GRATUIDADE NAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS: escola infantil, actividades de conciliación, deportivas, culturais...
- TARXETA SOCIAL METROPOLITANA. É un recurso gratuíto para que estas persoas poidan usar o transporte metropolitano para favorecer o movemento e asistencia a Santiago (xestións, hospitais...).
- Programa de APOIO PARA A TRADUCIÓN, a través de persoas voluntarias, para aprendizaxe da lingua castelá/galega. Tamén se está valorando a contratación de profesionais.
- Uso do CONVENIO DE COLABORACIÓN do concello con unha entidade externa especialista en dereito internacional, para acompañamento, apoio e orientación na realización das xestións necesarias para a solicitude de protección internacional.
- COLABORACIÓN e apoio nos CENTROS ESCOLARES para a integración de crianzas.
- OFERTA DE PERSOAL ESPECIALIZADO para apoio emocional/psicolóxico.
Ademais destas accións, seguindo as instrucións das asociacións e entidades xestoras da emerxencia humanitaria despregadas na zona e que coñecen a realidade inmediata das necesidades das persoas refuxiadas, o Concello realizou unha doazón en metálico de 1500,00€.
Polo de agora o Concello reservase a capacidade de mobilización para a recollida de doazóns en especie ata o momento no que a poboación refuxiada poida facer uso delas por terse trasladado xa ao territorio acolledor, poderase colaborar non só con familias acollidas en Brión senón en calquera concello próximo.
Recomendamos á veciñanza que estea atenta e subscriba a totalidade das recomendacións emanadas das entidades sociais con experiencia contrastada e que están operando na zona de conflito. So se debe prestar a axuda naquelas cuestións que sexan demandadas por estas entidades, e devense evitar as accións individuais que puideran poñer en risco as operacións de apoio ás persoas en situación de emerxencia.
NON REALIZAR DOAZÓNS EN ESPECIE DE MATERIAIS
Desaconsellase as doazón en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria. Segundo as avaliacións das organizacións humanitarias especializadas os bens materiais doados en Galicia poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística en terreo. Os bens doados de xeito particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución, etc.) para as institucións que as xestionan. Ademais é difícil a garantía de corredores humanitarios estables que permitan a súa distribución e accesos seguros, pese aos esforzos de negociación das organizacións de carácter humanitario coas partes do conflito.
Recomendase a cidadanía que canalice a súa solidariedade a través de axudas económicas dirixidas ás Organizacións Non Gobernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona:
- Médicos del Mundo
- Entreculturas
- Educo
- Farmaceuticos Mundi
- Ayuda en Acción
- Comunicado de la Coordinadora española de ONGD
- Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja
- OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania
- ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados)