23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o Concello de Brión convida a toda a cidadanía a participar na ampla programación de eventos que se desenvolverán ao longo do mes de febreiro:
11 DE FEBREIRO
CULTURACTIVA PRODUCIÓNS presenta “ROSALÍA”
Moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, "Rosalía" é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia. Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.
50 min. Público Familiar. Entrada de balde.
Hora e lugar de celebración: 18:00 hrs. Centro Social Polivalente
17 DE FEBREIRO
Contacontos "Buscando a Rosalía" con RAQUEL QUEIZÁS
Espectáculo de Narración Oral arredor da figura de Rosalía de Castro.
Público infantil (Recomendada para crianzas de 4 a 10 anos). Entrada de balde.
Hora e lugar de celebración: 18:00 hrs., Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
- ALBORADA, OFRENDA, LECTURAS: Acto Homenaxe a Rosalía de Castro no Adro da igrexa Parroquial de San Xiao de Bastavales. Ás 12:00 hrs
- CALDO DE GLORIA: Homenaxe a Rosalía degustando un petisco do tradicional Caldo Galego en diferentes establecementos hostaleiros de Brión colaboradores na campaña.
- CAFÉ CON VERSO: Toma un café acompañado dun poema de Rosalía en diferentes establecementos hostaleiros de Brión.
24 DE FEBREIRO
OS QUINQUILLÁNS presentan “ROSALÍA EN BASTAVALES”
Unha visita teatralizada a un dos lugares máis significativos da Ruta Rosaliana, estreitamente ligado á figura da poeta: o adro da igrexa de S. Xiao de Bastavales.
Todos os públicos. Entrada de balde.
Hora e lugar de celebración: 17:30 hrs., Igrexa parroquial de S. Xiao de Bastavales
25 DE FEBREIRO
PLANTACIÓN DUNHA FILLA DA FIGUEIRA DE ROSALÍA
Ás 16:30 hrs. procederase a plantación dunha filla da Figueira de Rosalía que está na Casa da Matanza en Padrón no entorno do adro da Igrexa de San Xiao de Bastavales..
Brión… unha historia que contar: Bastavales. Contos e cantos ao abeiro das campás con Rosalía de Castro.
Actividade cultural dirixida a tódolos públicos para descubrir a historia de Bastavales a través da palabra de Rosalía de Castro e da participación da comunidade veciña da parroquia.
Hora e lugar de celebración: Ás 17:00 hrs. Igrexa de San Xiao de Bastavales.