DÍA DE ROSALÍA | CULTURACTIVA PRODUCIÓNS: "ROSALÍA"
Culturactiva Producións presenta en Brión o espectáculo "Rosalía"
Data e hora: 11 de febreiro ás 18:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente
"ROSALÍA" é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.
Elenco: Rocío González e Cristina Collazo
Dirección: Fina Calleja
Público familiar. Duración: 50 min
Entrada de balde ata completar aforo
Fecha Fin
2023-02-11