Presentase en Brión "OTREMO", un novo Festival do Cine Galego

Festival Otremo
Será no Hotel Balneario de Compostela durante os días 17, 18 e 19 de marzo e terá carácter gratuíto

Este festival nace coa idea de acercar a vangarda do noso cine á xente da capital de Galicia e os seus arredores pois non existe experiencia similar na nosa comarca que poña en valor o presente do audiovisual galego que está a atravesar unha época exitosa e prolífica.

Durante os días 17, 18 e 19 de marzo de 2023 proxectaranse tres filmes que comparten a actuación ou a dirección, como mínimo, dun artista da nosa terra. As películas escollidas para esta ocasión son:
· LIVE IS LIFE, LA GRAN AVENTURA. Dirixida por Dani de la Torre e ambientada na Ribeira Sacra que ten a Javier Casellas e David Rodríguez como protagonistas.
· CÓDIGO EMPERADOR. A última película do afamado director Jorge Coira, un thriller protagonizado por Luis Tosar.
· VALENTINA. Gañadora do Goya á mellor película de animación 2021 da directora ferrolá Chelo Loureiro. Coas voces de Andrés Suárez, Maria Manuela, Uxía Pilocha e banda sonora de Nani García.

Nesta primeira edición do festival contaremos coa presenza destacada dos actores Javier Casellas e David Rodríguez así como os directores Jorge Coira e Chelo Loureiro que realizarán a presentación e comentarán co público os seus últimos traballos. Tamén haberá musica ao vivo en perfecta maridaxe coa gastronomía e coa natureza que nos ofrece o Concello de Brión.

O lugar elixido para a celebración do Festival Otremo, organizado por Aldea Producións xunto co Concello de Brión, é o Hotel Balneario de Compostela, lugar onde se proxectarán as tres películas e se realizarán os recibimentos e charlas-coloquio.

En poucos días desvelaremos os horarios, a programación completa e o lugar onde se poderán retirar as invitacións gratuítas para asistir aos pases das plelículas.

#brionsenirmaislonxe