A VIAXE DA OSA MARUXIÑA: UN CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O 8M
A biblioteca municipal, xunto co resto de departamentos e servizos do Concello de Brión, súmase un ano máis á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller; unha data para dar visibilidade, reivindicar e defender uns principios e uns valores que desexamos permanezan vixentes durante todo o ano.
Para celebrar esta data tan significativa convidámoste a participar nun espectáculo de narración oral destinado a público familiar:
"A viaxe da osa Maruxiña" con Olga Abad
Data e hora: venres, 10 de marzo ás 18:00 h.
Lugar de celebración: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Especialmente destinado a crianzas de 4 a 12 anos de idade
Entrada de balde ata completar aforo
Máis información no blog da biblioteca.
Fecha Fin
2023-03-10