O CONCELLO DE BRIÓN RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 15.000€ PARA MANTEMENTO DE PERSOAL EN XESTIÓN CULTURAL

Subvención Diputación

Ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura no 2023, o Concello de Brión ven de recibir unha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un importe de 15.000€ para financiar o mantemento do persoal técnico en xestión cultural.

Neste caso, trataríase do xestor cultural municipal, encargado da programación das actividades culturais e da coordinador do Departamento de Cultura do Concello de Brión.