25-10-2023
     
20:30h.
Local Social de Cornanda

CONVOCATORIA DE XUNTANZA INFORMATIVA

Por parte da Comisión de seguemento e información da central hidroeléctrica reversible do río Tambre procedese a convocar en Asamblea Xeral a toda a veciñanza interesada na tramitación do procedemento para a concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre, a unha reunión que se celebrará o:

DÍA: Mércores, 25 de outubro de 2023
HORA: 20:30 horas
LUGAR: Local social de Cornanda

Nesta xuntanza informarase sobre o trámite levado a cabo o pasado 18 de outubro referido ao recoñecemento do terreo para confrontar os documentos técnicos presentados levado a cabo por Augas de Galicia no seo do expediente para a concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre (AC/6/178).

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-10-25