TERMALISMO PARA MAIORES IMSERSO
Convócanse prazas de balnearios para o ano 2024
BENEFICIARIOS:
Todos os pensionistas de xubilación e incapacidade permanente
Pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos
Outros pensionistas ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos
Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos
Os cónxuxes de calquera idade e fillos con discapacidade igual ou superior ao 45 %
DATAS DE SOLICITUDE:
Prazas febreiro a agosto de 2024: Ata o 10 de xaneiro de 2024
Prazas setembro a decembro de 2024: Ata o 15 de maio de 2024
SOLICITUDES:
Preferiblemente a través da sede electrónica do Imserso (www.imserso.es) ou, no Centro Social Polivalente (Avda. Santa Minia, 46), con cita previa no 981 50 99 10.