En abril, iníciase unha nova xeira do ciclo de teatro afeccionado FEGATEATRO. Os sábados 6, 20 e 27 de abril, o público interesado poderá acudir ao Centro Social Polivalente de Brión para asistir ás tres representacións programadas, que se celebrarán ás 20:00 h. con entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
O ciclo, que pretende crear unha oferta cultural sólida arredor das artes escénicas que contribúa á creación de novos públicos mediante unha programación estable e axeitada ás demandas de cada localidade terá continuidade en outono. Os días 5, 19 e 26 de outubro e o 9 de novembro regresarán as funcións do FEGATEATRO cun novo programa do que informaremos chegado o momento.
Programación do FEGATEATRO en abril
Día 6 de abril: "Río Bravo" da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos.
HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Comedia | Para tódolos públicos | Duración: +50 min.
Día 20 de abril: "Vacacións" de A Tequerreté Teatro
HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Traxicomedia | Para público adulto | Duración: +50 min.
Día 27 de abril: "Un mal día teno calquera" de Teatro de Cámara DITEA
HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Comedia | Para público adulto | Duración: +50 min.