Dúas familias de Brión acollen a nenos saharauís durante o verán

Saharauis 2024
Dúas familias brionesas acolleron aos nenos saharauís o 5 de xullo, que estarán convivindo con eles ata o 5 de setembro.

O Concello de Brión, en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, volve repetir este programa co que levan colaborando dende 2005, acollendo a nenos saharauís. O Concello ofrécelles ás familias todo o apoio e a súa colaboración, cunha aportación municipal de 2.670€, a fin de que os nenos estean ben e disfruten.

Ademais, a librería santiaguesa Follas Novas obsequiará cuns libros, a modo de detalle, tanto aos nenos das familias que acollen coma para os nenos acollidos.

O programa “Vacacións en Paz” nace da iniciativa de axudar desinteresadamente aos nenos e nenas saharauís que naceron en medio dun clima de guerra unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, proporcionándolles unha estancia agradable e humana, de maneira que contribúa en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí.

O xoves 15 de agosto terá lugar unha reunión por parte da organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, onde se reunirán máis de 300 rapaces acollidos por toda Galicia grazas a esta iniciativa.