No acto, que se celebrou na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada, entregaronse as medallas correspondetes ao ano 2021 e mais as do ano 2020 xa que o acto fora adiado no seu momento por mor da pandemia da COVID-19.
Na mañan de onte, día 28 de Novembro, o noso compañeiro Ismael Núñez recibia de mans do vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, este galardón que ten por finalidade distinguir ás persoas físicas ou xurídias e/ou as institucións que sobresalen nas suas actividades en materia de protección civil, así como a prestación de servizos continuados no tempo, de interés para a protección civil, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Fuente