INFORMACIÓN IMPORTANTE COVID-19

COVID - 19
A situación xeral do Concello estase a complicar nos últimos días, de feito pasou de non ter novos casos detectados en Outubro a estar a día de hoxe no nivel alto de contaxios, sendo Brión un dos concellos onde mais aumentan os casos.

QUEDAN CANCELADAS as ESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS, CULTURAIS e de FORMACIÓN tanto de adultos como de menores así como tamén as clases da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS e as ACTIVIDADES PARA MAIORES DO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE.

Vimos de recibir comunicado do CEIP PEDROUZOS onde indican que durante a fin de semana se detectou un gromo da COVID-19 no centro educativo. Esta situación, aínda que polo de agora non é alarmante, empeza a ser preocupante; polo que RECOMENDAN, na medida do posible, que non se envíen aos nenos e nenas ao cole o día de hoxe e mais o de maña.

Neste mesmo senso a dirección do IES BRIÓN, a pesares de que non rexistrou ningún caso, tamén recomenda que o alumnado que teña irmáns no colexio non asista as clases este luns nin o martes.

A situación xeral do Concello estase a complicar nos últimos días, de feito pasou de non ter novos casos detectados en Outubro a estar a día de hoxe no nivel alto de contaxios, sendo Brión un dos concellos onde mais aumentan os casos.

Nos datos aportados pola Xunta de Galicia no día de onte (19/12/2021), o noso concello nos últimos 7 días ten unha incidencia acumulada maior a 250 con un número de novos casos diagnosticados de 37. En canto á incidencia acumulada a 14 días é superior a 500, tendo un total de 45 novos casos diagnosticados.

Estes son os peores datos rexistrados en Brión dende que se declarou da pandemia polo que, para evitar o aumento de contaxios e que a situación siga a empeorar nos próximos dias, infórmase que QUEDAN CANCELADAS como mínimo ata o día 10 de xaneiro todas as ESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS, CULTURAIS e de FORMACIÓN tanto de adultos como de menores así como tamén quedan canceladas as clases da ESCOLA MUNCIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS e as ACTIVIDADES PARA MAIORES que se desenvolven no Centro Social Polivalente.

Polo momento, MANTENSE a PROGRAMACIÓN ESPECÍFICA DO NADAL da Casa da Cultura e as ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN extremando as precaucións e recomendando que solo asistan os e as menores que non teñan ningunha outra opción para conciliar.

Tamén queremos lembrar unha vez mais a importancia do cumprimento das medidas e restricións sanitarias en vigor ante a celebración das festas do Nadal:
- Debe extremarse a hixiene de mans evitando tocar os ollos, nariz e boca.
- Debe manterse a distancia de seguridade interpersoal.
- Debe usarse a máscara axeitadamente.
- É importante procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores.
- Evitaranse aglomeracións.
- E por último atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada concello ou comarca.

COIDÉMONOS E COIDEMOS AOS NOSOS!