O Concello de Brión ofrece prazas de acollida para persoas refuxiadas procedentes da Guerra de Ucraína

Ucraína
O noso concello ven de sumarse a petición de colaboración da Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones na que solicitaba axuda a Fegamp e aos concellos para a acollida de familias de Ucraína

Brión, xunto con outros concellos galegos ofreceron 281 prazas de acollida ademais de axuda humanitaria. Segundo indican dende a FEGAMP, agora mesmo a prioridade está en coñecer os recursos cos que contan as entidades Locais Galegas para logo poder ofrecelos da mellor maneira.
Informase á veciñanza que, no seu momento e por indicación das instancias xestoras, informarase á poboación do xeito máis apropiado para colaborar e/ou acoller a persoas.
Así mesmo a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo:
- Comunicado de la Coordinadora española de ONGD
- Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja
- OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania
- ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados)