Convocatoria de subvencións para achegar internet de alta velocidade ás empresas e autónomos

Banda Larga Empresas
A Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural galego (DOG. do 23/03/2022).

As empresas interesadas, que deben presentar as solicitudes ata o 9 de maio de 2022, poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.

Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
 
REQUISITOS E OBRIGAS
Non dispoñer de cobertura actual de internet de cando menos 30Mbps e manter a alta no servizo que sexa contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.

Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.