16-12-2022
     
21:00 h.
Centro Social Polivalente

OUTONO CULTURAL 22 | FEMINÍSSIMAS

De Ste Xeito Producións presenta en Brión: "Feminíssimas"

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida desta creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Data e hora: Venres 16 de decembro ás 21:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Fecha Fin
2022-12-16