VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO
Está aberto o prazo para a inscrición no programa de vacacións para maiores do IMSERSO:
BENEFICIARIOS:
A) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requirimentos:
- Persoas de 65 anos ou máis
- Todos os pensionistas de xubilación
- Pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos
- Outros pensionistas con 60 anos cumpridos
- Perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos
- Os cónxuxes de calquera idade e fillos con discapacidade igual ou superior ao 45 %
B) Españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requirimentos esixidos no apartado A)
C) Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen
DESTINOS:
- Zona Costeira Peninsular
- Zona Costeira Insular
- Turismo de Interior:
- Circuítos Culturais
- Turismo de Natureza
- Viaxes a Capitais de Provincia
- Viaxes a Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla
SOLICITUDES:
- Preferiblemente a través da sede electrónica do Imserso (www.imserso.es)
- Ou, no Centro Social Polivalente (Avda. Santa Minia, 46), con cita previa no 981 50 99 10
- Dende o 13 de decembro de 2022 ata o 1 de maio de 2023
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-05-01
Documentos
Bando_vacacions_Imserso.pdf
(174.34 KB)