06-02-2023
     
Centro Social Polivalente

AXUDAS PARA O ALUGUEIRO DE VIVENDAS | PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2022-2025

BENEFICIARIOS
Ser titular dun contrato de aluguer, con duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
Importe aluguer máximo 400 €/mes ou 480 €/mes no caso de familias numerosas.
Atoparse ó día coas obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social.
Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos entre 3.954,30€ e 23.725,80€, agás familias numerosas no que o límite máximo será de 31.634,40€ ou 39.543,00€ para familias numerosas categoría especial ou persoas con discapacidade.

DOCUMENTACIÓN
a) Contrato de alugamento da vivienda.
b) Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF.
c) Convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, de ser o caso.

PRAZO E SOLICITUDES
Ata o 5 maio de 2023
Preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
Ou, no Centro Social Polivalente (Avda. Santa Minia, 46), con cita previa no 981 50 99 10

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-05-05
Documentos