En cumprimento do disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, Augas de Galicia somete ao trámite de información pública as solicitudes e documentación técnica achegada polos participantes no concurso de clave AC/6/178 que se mencionan no anexo, aos efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 20 días hábiles, que comezará a computarse a partir da data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
Para os expresados efectos, estará dispoñible unha copia da petición e un exemplar da documentación técnica achegada por cada participante no concurso para que poidan ser examinados nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para o que deberá solicitar cita previa en calquera dos teléfonos seguintes: 981 543 961, 981 545 345 ou 981 545 476, así como nas dependencias dos Concellos de Brión, Negreira, Lousame, Rois e Noia e na páxina web deste Organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación Pública).