17-04-2023
     
Centro Social Polivalente

INSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2023/2024

Ábrese o prazo para inscrición de nenos/as de 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal de Brión para o curso 2023/2024
DO 17 AO 28 DE ABRIL

REQUISITOS
- O neno/a para o que se solicita praza deberá ter nacido no momento de presentación da solicitude.
- Figurar empadroado no Concello de Brión.
- Ter 3 meses de idade en setembro e que non cumpra os 3 anos antes do 31 de decembro de 2023.
- Acada-la puntuación suficiente no baremo de admisión.

DOCUMENTACIÓN
- DNI dos pais.
- Libro de familia.
- Declaración da renda do exercicio 2021.
- Informe de situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social  ou  Informe de vida laboral dos pais (actualizado).
- Xustificante de gastos de aluguer ou hipoteca.
- No seu caso, tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, separación/divorcio e convenio regulador, título de familia numerosa,…

SOLICITUDES FORA DE PRAZO, ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE CANDO
- O nacemento do neno/a sexa con posterioridade ao 30/04/2023.
- Cambio de concello de residencia posterior ao 30/04/2023.
- Situación de emerxencia social.

LUGAR
- Preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello:
https://sede.concellodebrion.org/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudplazaescuelainfantil_N
- Centro Social Polivalente, solicitar cita previa no teléfono nº 981 50 99 10.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-04-28