Abril, mes do libro e a lectura | Encontro literario con Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey
Dentro da programación especial de actividades para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca municipal e a Casa da Cultura de Brión convídate a participar na actividade:
Encontro literario en Brión: Presentación das primeiras traducións ao galego de dúas obras clave da literatura universal, escritas por dous autores premiados co Nobel de Literatura:
- “Vinte poemas de amor e unha canción desesperada” de Pablo Neruda
- “Crónica dunha morte anunciada” de Gabriel García Márquez
Ambas obras publicadas pola editorial Medulia e traducidas á nosa lingua por X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey. Os tradutores, que tamén exercen coma editores literarios, estarán acompañados para a ocasión polas filólogas e escritoras Carmen Blanco Ramos e Mª Carmen Perafita Couto.
Presentación literaria | Público adulto
Data: 28 de abril
Hora: 20:30 h.
Lugar de celebración: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.
Máis información no blog da biblioteca