06-10-2023
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | AMORODIO - A NAI

Dentro da máis ampla programación do Outono Cultural, o grupo teatral Amorodio presenta en Brión a obra: "A Nai"

Dirección: Marián Bañobre | Dramaturxia: Laura Porto | Reparto: Carmen Facorro, Javier Castiñeira, Raquel Velasco
XÉNERO: Comedia dramática | DURACIÓN: 1h. 40 min.

Data: venres, 6 de outubro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.

Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecermos un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual.

Ideal para traballar a normalización lingüística e a historia de Galicia na mocidade.

PREMIO LUÍSA VILLALTA Proxectos pola Igualdade.

Ver teaser en liña

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Fecha Fin
2023-10-06