MAIO CULTURAL - LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA
En maio, Brión celebra o mes das nosas Letras cunha programación cultural especial que se desenvolverá arredor do Día da Letras Galegas, que este ano estará dedicado a Luísa Villalta.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Día 11 de maio: Andaina Terras de Altamira
Ao longo de toda a xornada.
Día 16 de maio: Cerimonia de Entrega do VI Premio Laudamuco de Textos Teatrais a José Luís Baños de Cos
Ás 20:30 h. na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Día 20 de maio: OVIRAVAI presenta “O Violino de Luísa” no CEIP de Pedrouzos
Día 24 de maio: A Compañía de Teatro O TITIRIBAILE presenta “Chegados a este punto” na Escola Infantil Municipal
Do 24, 25 e 26 de maio: MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “EM-BRIÓN”
- Día 24.- Teatro das Maniotas do IES de Brión presenta “Ibánez Cabare”
- Día 25.- Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco de Cee presenta “Os vellos non deben de namorarse”
- Día 26.- Aula de Teatro do IES de Cacheiras presenta “Á luz das candeas”
Tódalas funcións ás 20:00 h. no Centro Social Polivalente.
Día 27 de maio: Paco Nogueiras presenta “Son Animal” no CEIP de Pedrouzos.
Espectáculo dirixido a alumnado de Educación Infantil do Ceip de Pedrouzos, Escola dos Ánxeles e Escola de Bastavales
Día 30 de maio: Contacontos con Sole Felloza: “As chaves do tempo de Luisa Villalta”
Ás 18:00 h. na Sala Municipal de Exposicións. Espectáculo da biblioteca municipal patrocinado polo programa Ler conta moito.
Día 31 de maio: Presentación do libro “De cantos y revoluciones” de Alberto Pérez Riera coa participación de Xabier Ron.
Ás 20:00 h. na Sala Municipal de Exposicións. Encontro bibliográfico promovido pola biblioteca municipal.