Con motivo da celebración da Romaría de Santa Minia e como xa é costume os acesos con vehículos pola Avenida de Santa Minia estarán restrinxidos. Por este motivo, a veciñanza que teña que acceder aos seus domicilios con vehículos durante estes días terá que solicitar unha autorización de paso.
Para a expedición desta autorización será necesario aportar a matrícula do vehículo para o que se solicita e só se estenderá un pase por persoa e vehículo unicamente a aquelas que acrediten residir nos seguintes lugares:
- Avenida de Santa Minia, dende o número 15 ata o 116
- Lamiño (dende Avda. Santa Minia ata a estrada de Lamiño)
- Rúa Moutello
- Rúa Gondar
Os pases terán validez dende o xoves 26 ás 16.00h. ata o venres 27 ás 23.00h.
As persoas residentes nos lugares indicados deberán cursar as solicitudes por escrito dende o martes 17 ata o martes 24 de setembro, nas oficinas municipais do Concello de Brión ou a través da sede electrónica municipal.
Opcións de recollida:
Presencialmente na Casa da Cultura:
- XOVES 19: de 9.00 a 14.00h. e de 16.30h. a 18.30h.
- VENRES 20: de 9.00 a 14.00h.
- LUNS 23: de 9.00 a 14.00h.
- MARTES 24: de 9.00 a 14.00h. e de 16.30h. a 18.30h.
Entrega no domicilio: deberá notificarse no momento da solicitude.
Correo electrónico: deberá notificarse no momento da solicitude.
Para calquera dúbida, contactar coa Policía Local no teléfono 981 893 474.