CORTES PUNTUAIS DE TRÁFICO POR PROBA CICLISTA O DOMINGO 2 DE MARZO

Con motivo da celebración da proba ciclista O Gran Camiño, The Historical Route, o Concello de Brión informa de que se producirán cortes puntuais de tráfico o domingo 2 de marzo, entre as 12:15 e as 14:30 h., nas zonas do noso municipio por onde discorre a proba: O Tremo (Avenida de Vicente Ramos ata a rotonda de Os Ánxeles), da AC-304 á rotonda da AC-300, pasando por Estrar, Perros, Soutullos e San Salvador de Bastavales, onde os ciclistas xirarán cara Bastavaliños, Soigrexa, Bemil e Osebe.