
O acto que estará presidido polo alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, e no que participarán Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital; e os artistas plásticos e pintores María Xesús Díaz e Antón Sobral Iglesias.
Xosé Vázquez Castro (Ferrol 1951). De formación autodidacta, comezou na pintura da man do seu pai ata que aos dezaoito anos expón por primeira vez na Coruña. A finais do século pasado trasladou a súa residencia a Brión onde resideu ata o ano 2022, colaborando moi activamente na vida sociocultural do municipio, onde foi comisario e impulsor dos “Encontros coa arte”, un punto de intercambio de coñecementos entre artistas de toda España e que este verán chegará á súa edición número dezaoito.
Ao longo da súa vida ten participado en múltiples exposicións por toda Galicia e a súa obra se atopa en diferentes coleccións e museos: Xunta de Galicia, Concello de Brión, Fundación Semana Verde, Casa de Galicia en Córdoba, Museo das Peregrinacións, Casino de Ferrol, Embaixada de España en Caracas, Real Monasterio de Oia...