01-01-2021
     
Oficinas Xerais

PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

O Concello de Brión vén de dar a coñecer o IV Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres (PIOM), que terá vixencia entre os anos 2021 a 2024. Un plan ao que todos os veciños e veciñas de Brión terán acceso en versión dixital a través da páxina web municipal.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que este plan “será unha ferramenta para loitar contra as desigualdades e para erradicar a violencia de xénero, sumando esforzos co fin de acadar unha mellora da convivencia e unha sociedade máis igualitaria e xusta". Neste sentido enmarcou o traballo levado a cabo nos tres plans anteriores, “nos que se abordaron medidas que buscaban unha mellor conciliación dos tempos, fomentar a corresponsabilidade e a coeducación, así como loitar contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións”.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-12-31