Esta mañá o Alcalde de Brión, Pablo Lago, e a Presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado, Chelo Pampillón, pecharon un acordo para celebrar no municipio un ciclo de teatro amador nos meses de setembro, outubro e novembro.
Alicia e Martiño Yáñez Rodríguez doan á biblioteca municipal en nome de ANEDIA Galicia dous exemplares da colección Os Bolechas-Guías que explican aos máis pequenos que é a diabetes.
Patrimonio da Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos de Brión e Ames, organizan os días 12 e 13 de xuño a primeira festa histórica da comarca, adiada o pasado ano pola pandemia.
Os rexedores de Brión, Pablo Lago, e Ames, Blas García, veñen de asinar o martes, 25 de maio, o convenio para a constitución da Comisión de Estudo, que elaborará os Estatutos da Mancomunidade dos Concellos de Ames e Brión.