O Concello de Brión vén de renovar o salvaescaleiras da biblioteca pública municipal e que da tamén acceso a ludoteca infantil.
O anterior salvaescaleiras foi instalado polo concello de Brión a finais do século pasado. Desde hai tempo non se usaba ao non atoparse pezas para a súa reparación polo que era necesario instalar un novo.
A nova plataforma instalada esta semana supuxo un investimento de 17.633 euros. O novo salvaescaleiras ten capacidade para ata 300 quilos e conta con modernos sistemas de seguridade, comezando por un asento con cito de seguridade e funda de protección fronte ás inclemencias do tempo. Así mesmo, conta con sensores anti-impacto e anti-aplastamento, limitador de velocidade e dispositivo de control de carga, para garantir a total seguridade da persoa usuaria.