A partir do día 1 será telemática
A Escola Municipal de Música Magariños de Brión suspende temporalmente toda a actividade lectiva presencial dende este mércores 27 de xaneiro e durante o período ao que se estenda as restricións adoptadas pola Xunta de Galicia, inicialmente o vindeiro 17 de febreiro.
A partir do 1 de febreiro e ata que se levanten as restricións, a ESMU Magariños impartirá a súa actividade a través de medios telemáticos para o alumnado do centro, que durante os vindeiros días recibirán toda a información sobre a metodoloxía a seguir por parte do profesorado da escola.