O alumnado da escola unitaria dos Ánxeles (Brión) participou esta nunha actividade dirixida a concienciar á rapazada sobre a importancia da conservación e promoción das especies autóctonas.
Así, os nenos e nenas brioneses procederon a plantar varios castiñeiros na contorna da súa escola, unha actividade na que contaron coa colaboración das súas mestras, do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, de dous axentes medioambientais e membros da brigada anti-incendios.
Os castiñeiros foron cedidos pola Consellería do Medio Rural para repoboar a contorna da escola unitaria dos Ánxeles, despois da corta dos piñeiros existentes na zona xa que estaban emprazados a menos de 50 metros do inmoble. No seu lugar, a rapazada plantou hoxe unha especie frondosa permitida, mentres escoitaban as explicacións dos axentes ambientais.