CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS MUNICIPAIS - PEL Concellos 2023

Por resolución desta Alcaldía de data 5 de abril de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras (tres albaneis e dous peóns) destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2023).

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días naturais e comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Número de conta para ingreso das taxas polos dereitos de exame (10€): ES14 2080 0327 4731 1000 0016 / TITULAR: CONCELLO DE BRIÓN