Por esta alcaldía con data 17 de decembro de 2024 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria mediante promoción interna, polo sistema de concurso – oposición, para a praza de técnico de deportes, incluída na oferta de emprego público do concello de 2024.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Por resolución desta alcaldía do 04.07.2024 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2024/2025 do Concello de Brión.
PRAZO ABERTO DENDE O 18/07/2024 ATA O 30/08/2024: o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2024 ás 24:00 horas.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
PARA CRIANZAS QUE NACERAN ENTRE 2012 - 2020 (inlcuídos) e teñan o empadroamento no Concello de Brión.
DATAS: 23, 24, 26, 27, 30, 31 decembro, 2, 3, 7 xaneiro
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pavillón Polideportivo Municipal de Brión
HORARIOS: de 8:00h a 15:00h
PREZO: 25€/participante
Os Concellos de Brión e Ames poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do xoves, 31 de outubro de 2024, o edicto coas Bases de participación do VII Premio Laudamuco para textos teatrais 2025 convocado polo Concello de Brión.
Por esta alcaldía con data 20 de setembro de 2024 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de concurso - oposición para a praza de oficial I - condutor, incluída na oferta de emprego público do concello de 2024.
O prazo de presentacion de instancias será de vinde (20) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Por esta alcaldía con data 20 de setembro de 2024 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de oposición para a praza de oficial administración, incluída na oferta de emprego público do concello de 2024.
O prazo de presentacion de instancias será de vinde (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Número de conta para ingreso das taxas polos dereitos de exame (12€): ES14 2080 0327 4731 1000 0016 / TITULAR: CONCELLO DE BRIÓN
Xa están dispoñibles para consulta as listaxes de persoas admitidas nas Actividades Deportivas e Culturais do Concello de Brión para o curso 2024-2025.
As inscricións realizadas fóra de prazo incluiranse cando se publique a listaxe definitiva.
A listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas, así como a listaxe de agarda, publicaranse na semana do 23 de setembro.
De seguido, publicanse as listaxes de persoas admitidas e non admitidas na adxudicación de prazas da Escola Infantil Municipal para o curso 2024 / 2025