CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2024-2025 DO CONCELLO DE BRIÓN

Por resolución desta alcaldía do 04.07.2024 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2024/2025 do Concello de Brión.

PRAZO ABERTO DENDE O 18/07/2024 ATA O 30/08/2024: o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2024 ás 24:00 horas.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

Preferentemente de forma telemática a través da seguinte ligazón: https://i.gal/yAf1Q

Presencialmente descargando os impresos dende esta páxina e acudindo ao rexistro do Concello ou a través de calquera outro rexistro ao que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común nas AAPP.