Mediante Providencia de Alcaldía de data 28.04.2022 o Concello de Brión iniciou o expediente de modificación do trazado dun vial público, o que supón a alteración da cualificación xurídica dun tramo deste (desafectación) que discorre por varias parcelas (15013A022002000000UK, 15013A022001980000UO e 15013A022002110000UZ), no lugar de Camiseira, A Pedreira e que se permutaría por un novo tramo, que discorrería polas parcelas (15013A022001980000UO e 15013A022002110000UZ), de acordo cos planos que obran no expediente.
O expediente queda sometido a información pública por prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Ao longo deste prazo os interesados poderán presentar as alegacións que estimen oportunas.
En Brión, a 29 de abril de 2022.
O Alcalde.
Pablo Lago Sanmartin