Imaxe institucional
>> No ano 1984 o Concello de Brión na provincia da Coruña, falto de blasón desexa poseer un escudo heráldico que simbolice, de maneira concisa e clara, o seu pasado histórico. Polo cal encomendouselle a Jaime Bugallal y Vela a realización do escudo de armas do Concello que se pode ver a continuación.
>> No ano 2009 decidiuse facer un cambio de imaxe institucional convocando un concurso para seleccionar de entre todos os participantes o logotipo que distinguiria ao Concello de Brión, sendo seleccionado o que se pode ver máis abaixo de entre 111 propostas enviadas de todoa a comunidade española. O autor do mesmo foi Borja Sanchez Collado de Galdakao (VIZCAYA), o cal, en documento firmado, cedeu todos os dereitos de reproducción, cesión e utilización sen limitación algunha.
>> No ano 2022 e ante a necesidade de adaptar a imaxe de marca aos novos tempos e as novas tendencias en deseño o Concello crea unha nova identiedade coa que pretende proxectar unha imaxe de concello cosmopolita, innovadora e atractiva para reflexar un Brión mozo e alegre e que ten magníficas posibilidades de avanzar cara o futuro.
Nesta nova imaxe recóllense sintetizados varios dos elementos mais representativos de Brión: a Torrre de Altamira, os rios Tambre e Sar e a ondulación propia do relevo paisaxístico municipal que tamén representa a división natural do municipio nas dúas zonas, a alta na vertente do Tambre e a baixa que forma o val da Amaía. Todo isto constrúe graficamente unha identidade propia que reflicte de xeito fidedigno o que somos como pobo, a nosa historia e a nosa orixe.
A partires de agora, sólo se debe utilizar a nova imaxe institucional segundo as indicacións do MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA, sempre e cando non se indique o contrario.