Setecentos participantes. Este é o obxectivo que se marcha a VII Andaina Terras de Altamira que a asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión organizan o sábado 28 de maio de 2022. Para conseguilo contan co feito de que a proba, ademais de ser valedoira para a Copa Galega de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo, engade como novidade a súa inclusión na Liga de Sendeirismo da Federación Española. “Isto significa que poden achegarse máis de douscentos deportistas de fora de Galicia a competir en Brión”, explica Jose Manuel Trigo, coordinador da proba.
Para estes deportistas e o percorrido completo de medio cento de quilómetros, con avituallamentos destacados na Carballeira de Santa Minia e na Igrexa de Viceso.
Pero a proba parte dunha miniandaina de 14 quilómetros, axeitada para a familias completas polo seu baixo nivel de dificultade. Eles terán a oportunidade de desfrutar mais relaxadamente de paisaxes e contornas naturais do municipio, a través de antigos camiños en desuso polos que en tempos circulaban carros e camiñantes entre aldeas. Unhas vías que quedaron esquecidas coa proliferación dos automóbiles, e que se recuperan expresamente para esta iniciativa. Aínda existe unha distancia intermedia, de 36 quilómetros, para aqueles que estean en mellor forma.
O coronavirus freou a edición do 2020, e Trigo recorda que o ano pasado foron xa 300 persoas as que desafiaron un dia de auténtico diluvio para sumarse a unha iniciativa que xa se gañou un oco no calendario dos afeccionados. Isto é posible en parte polo trato próximo e amable e os agasallos que reciben as persoas participantes por parte da organización.
Apertura de inscricións
A proba partirá o sábado 28 de maio, as 9 horas, da Carballeira de Santa Minia en Brión. As inscricións xa están abertas dende o pasado 1 de marzo, con un prezo de 15 euros de esa data ao 14 de abril; do 15 de abril ao 14 de maio serán 18 euros; e do 15 ao 24 de maio serán 16 euros; as persoas con licenza da federación galega reduciran o prezo en 2 euros. Para anotarse debe empregarse a web www.andainaterrasdealtamira.org, e o prezo inclúe ademais da bolsa do sendeirista (excepto os que o fagan do 15 ao 24 de maio), avituallamentos, medico, medalla e diploma.
Presentación da andaina
A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 11 de marzo as 20h. na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, na que tamén estarán presentes Pablo Lago, Alcalde de Brión Pablo, a concelleira de Deportes de Brión Sandy Cebral e diversas autoridades da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Montañismo.
Nesta gala explicaranse os pormenores da Andaina, desvelarase o percorrido para este ano 2022 e tamén contaremos con un monólogo de Federico Pérez, recoñecido actor galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel ou o famoso Moncho do programa Era Visto!