Arranca a VII edición do Festival Brión Inclúe

Fragmento do cartel que anuncia o festival
O sábado 21 de iníciase unha nova edición do Brión Inclúe, un festival que prolongará a súa oferta cultural ata o domingo 29 de setembro, cun peche que coincidirá co da Romaría de Santa Minia.

A VII edición do Brión Inclúe arranca este sábado, 21 de setembro. Un festival para reivindicar un ano máis o dereito de todas as persoas a crear e consumir cultura. Unha semana de programación na que se mantén o traballo cos centros de ensino do Concello e cos colectivos de persoas con discapacidade da contorna.

O festival ábrese este sábado coa proposta teatral Arroutada, do grupo de teatro Setestrelo da Once Vigo. A narradora Charo Pita será a encargada dos pases escolares co seu espectáculo A Carreira, mentres que o Mago Teto ofrecerá o espectáculo Tolemaxias a colectivos de persoas con discapacidade da contorna.

O peche do Brión Inclúe insírese este ano no marco das celebración da Romaría de Santa Minia, o que contribuirá a dar máis visibilidade ao festival. Será o día 29, nunha sesión vermú no Campo da Festa coa participación da monologuista Leti da Taberna, a agrupación Iguatuke e o grupo musical Chungo Pastel.

Podemos consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Brión Inclúe é un festival organizado polo Concello de Brión, xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionado pola Deputación da Coruña e patrocinado por Gadis e Froiz.