Dende o 25 de outubro e ata o 9 de novembro, está previsto que a biblioteca pública municipal permaneza pechada ao público por mor da execución dunha obra de mellora das súas instalacións. Unha intervención que realizará un melloramento da cuberta do edificio, facilitará a accesibilidade ao mesmo e dotará á biblioteca dun baño adaptado que ficará no primeiro andar. A intervención realizarase coa axuda dunha subvención para o equipamento e a mellora das instalacións da Biblioteca Municipal, concedida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Máis información)
Estas obras, que estaban pendentes da autorización de patrimonio, realizaranse coa maior dilixencia posible, evitando causar o menor prexuízo as persoas usuarias do centro. Por iso, aínda que se interromperán os servizos de sala (lectura, estudo e consulta), tentarase manter o servizo de préstamo e devolución de materiais na medida do posible. Ás persoas que desexen retirar libros en préstamo, recomendámoslle que previamente contacten coa biblioteca (por teléfono – 981 50 99 69- ou correo electrónico) para reservar os materiais e acordar cita para a súa retirada. O horario de atención ao público será de 10:30 a 13.30 e de 16:30 a 21:00 h. (de luns a venres).
Pedimos desculpas a todas as persoas usuarias do servizo polas molestias que poidamos ocasionar. Trátase dunha intervención que non puido programarse antes e que supón unha notable mellora nas instalacións do edificio. Calquera cambio ou novidade en relación a este tema, será informada á veciñanza a través dos medios de comunicación habituais: blog e redes sociais da biblioteca municipal.