O punto limpo móbil ten 8 compartimentos para a recollida selectiva de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa. “É unha forma de facerlles máis fácil a reciclaxe aos veciños e veciñas de Brión, achegándolles o servizo á porta das súas casas”, explica Pablo Lago, quen adianta que “este punto limpo móbil achegarase de forma periódica polas aldeas para recoller estes residuos e complementará outros servizos xa dispoñibles como os contedores para a recollida de aceite, os minipuntos limpos e o servizo de recollida que prestan dende a Mancomunidade Serra do Barbanza”.
Así mesmo, o camión grúa prestará un importante servizo á brigada municipal de obras cando non estea sendo empregado para desprazar o punto limpo.