Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego.
O alumnado traballador recibirá formación teórico-práctica do certificado de profesionalidade ENAE0108 MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIONS SOLARES FOTOVOLTAICAS, e as especialidades do catálogo SEPE: SSCI002 Operacións auxiliares de mantemento en piscinas de uso colectivo e fontes ornamentais e SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas.
As persoas seleccionadas como alumnos/as traballadores/as deberán ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos e estar inscritos como desempregados demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
A preselección do alumnado/traballador farase na Oficina de Emprego de Santiago Centro, onde serán preseleccionadas aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes desemprego e teñan solicitado realizar obradoiros de emprego na súa demanda de emprego antes do día 30 de outubro (incluído) .
Así mesmo, as ofertas de emprego do persoal do Obradoiro (Director/a, Mestres, Titor/a e Auxiliar administraitivo/a) estarán dispoñibles no portal de emprego de Galicia.
As bases do proceso selectivo para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego dual “Renova VI” poden consultarse na seguinte ligazón: https://i.gal/ObradoiroEmprego