A obra, sobre unha lonxitude total de 910m., dividiuse en dous treitos. No primeirio deles de 790x3,6m. procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes e a reposición do paquete de firme con quince centímetros de zahorra.
No segundo dos treitos de 120x3m. e nun abano de 80 m² procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicouse un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 10% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.
No abano de 60 m² procedeuse a reposición do paquete de firme con quince centimetros de zahorra, quince centímetros de pedra 32/63 mm e tripla rega asfáltica.
Finalmente tamén se colocou unha sinal de Stop.
Esta obra foi realizada pola empresa Excavaciones Agra Castro Sl. con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agricolas 2024-2025 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.