Renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética

Logotipos
O Concello de Brión resultou beneficiario dunha subvención para a renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética en varias zonas urbanas do municipio.

O Concello de Brión ao abeiro do disposto no Real Decreto Lei 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014 – 2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro, o Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, e o Real Decreto 1185/2020, de 29 de decembro, resultou beneficiario da seguinte subvención:

1. Proxecto de renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética en varias zonas urbanas do Concello de Brión.

2. Investimento total: 188.971,75 euros.

3. Importe da axuda (cofinanciación FEDER): 151.177,40 euros.

A actuación executada consistiu basicamente no cambio de soportes de luminarias, reposición de liñas, cables de terra, reforma dos cadros de protección e medida, e substitución de luminarias por outras luminarias de ata 40 W LED, dos cadros de Santa Minia, cadro de O Tremo e cadro de Os Ánxeles, que se resume de seguido no documento que pode consultarse premendo nesta ligazón:

 - Proxecto de renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética en varias zonas urbanas do Concello de Brión