⚠️ OLLO: Pequenas actualización dos percorridos. Indicar ademais que estas liñas son flexibles e que se actualizarán a medida que a veciñanza o demande.
O Concello de Brión pon en marcha dúas liñas gratuítas de autobús, operadas por Autocares M. Riveiro, que funcionarán todos os martes e que terán como finalidade favorecer que a veciñanza poida achegarse ao centro médico e mais a feira de Brión.
Estes autobuses percorrerán as paradas do transporte escolar e terán a partida as 10:00h. dos lugares indicados facendo a viaxe inversa de regreso dende o Centro Médico ás 13:00h.
- LIÑA 1: A GRAÑA - CENTRO MÉDICO. Saída as 10:00h. de A Graña e facendo o seguinte percorrido: Cornanda, Goiáns, Ardións, Amañecida, Luaña, Cristimil, Espiñeiros, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxo de Abaixo, Vioxo de Arriba, Pousada, Esparís, Ombre, Forxán, Salaño Grande, Salaño Pequeno, Fonte Paredes, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal, Liñares (da a volta), O Casal, Brion de Abaixo, Brión de Arriba, O Rial, Quintáns, Cabreiros, Carballeira de Santa Minia, Centro Médico.
- LIÑA 2: GUNDÍN - CARBALLEIRA DE SANTA MINIA. Saída as 10:00h. de Gundín, Saíme (da a volta), Cruce dos Ánxeles, Avenida dos Ánxeles, Soigrexa, Estrar, Perros, Sanin, Guisande, Reboredo Pequeno, Vilas, Soutullos, Bastavaliños, Casaldoeiro, Coruxido, A Caxusa, Chave de Ponte, Parque do Santo Arandel, Beca (da a vola), Chave de Ponte, Ralo, Vidaloiso, Babenzo, Anexo, Soutullos, Cirro, Gándara, Outeiro, Vilanova, O Cabo, Avenida Vicente Ramos, Avenida de Noia, Cruce dos Ánxeles, Avenida de Santa Minia, Centro Médico, Carballeira de Santa Minia.