O punto limpo móbil, que levará a recollida selectiva a todas as aldeas do municipio, ten 8 compartimentos para a recollida de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa. Este punto limpo móbil achegarase de forma periódica polas aldeas para recoller estes residuos e complementará outros servizos xa dispoñibles como os contedores para a recollida de aceite, os minipuntos limpos e o servizo de recollida que prestan dende a Mancomunidade Serra do Barbanza.
Documentos
2.- Calendario do 17/04/2023 ao 31/12/2023
(200.24 KB)