10-06-2023
     
Torres de Altamira (Brión)

ALTAMIRA BRILLA 2023 (Batalla de Altamira)

"Altamira Brilla" regresa para celebrar a súa terceira edición cun programa de actividades que inclúe unha ruta pedestre polos lugares máis significativos da Batalla de Altamira, un espectáculo de monicreques para público infantil e, para rematar, un serán festivo coas actuacións de Os Quinquilláns e o grupo musical Fillas de Cassandra. Todo no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre (Brión).

Data de celebración: sábado 10 de xuño

Lugar: Torres de Altamira (Brión)

PROGRAMA:

Ruta teatralizada polos escenarios da Batalla de Altamira

- 09:30 h. Saída do autocar cos participantes da Carballeira de Santa Minia (Brión)
- 09:45 h.  Saída do autocar cos participantes dende o Pazo da Peregrina (Bertamiráns)

Reserva de prazas enviando unha mensaxe onde se indicará o nome, apelidos e DNI ao seguinte correo electrónico: rutabatallaaltamira@gmail.com. Dispoñibles 50 prazas, por orde de inscrición.

18:30 h. Títeres Alakrán: “Barrigaverde defendendo as Torres de Altamira”

Espectáculo de monicreques para público familiar de acceso libre

Lugar de celebración: Torres de Altamira (Brión). As persoas interesadas deberán desprazarse ata o lugar de A Torre polos seus propios medios.

20:00 h. Saída dende a Carballeira de Santa Minia en dirección ás Torres de Altamira un autocar para acudir á representación artística e ao concerto programados.

20:30 h. Recreación teatral a cargo da compañía Os Quinquilláns da Batalla de Altamira

22:00 h. Concerto a cargo de “As fillas de Cassandra”

Ao final da festa, o autocar regresará á Carballeira de Santa Minia.

Para a representación da Batalla de Altamira e o espectáculo musical, a entrada é de balde con reserva previa en: www.woutick.es

Fecha Fin
2023-06-11