O Concello de Brión ven de asinar coa Deputación Provincial da Coruña o convenio para os espectáculos da Rede Cultural 2024

Rede Cultural 2024. Deputación Provincial da Coruña
O Concello recibe un total de 24.206,98 € para contratar os espectáculos correspondentes ao programa Rede Cultural 2024 da Deputación Provincial da Coruña, o que representa o 60% do caché dos grupos.

A Deputación da Coruña convoca tódolos anos esta subvención co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A Rede Cultural é un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta cultural diversificada e de calidade nos municipios da provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos concellos da provincia para desenvolver programacións culturais para os seus veciños e veciñas.

A Rede Cultural, en tanto iniciativa promovida pola Deputación, débese a un ámbito territorial claro, comprendido dun xeito que tamén se aplica a outros programas (as convocatorias de subvencións, por exemplo): garantir que as actividades subvencionadas ou contratadas se desenvolven na provincia e benefician os veciños e veciñas dos seus concellos.

O Concello de Brión  destinará estes cartos para contratar os seguintes espectáculos:

ESCENA AO VIVO – MÚSICA PROFESIONAL

Astarot: 40 Aniversario: 6.897,00 €

Sr. Salvaje: Vuela: 1.800,00 €

ESCENA AO VIVO – TEATRO PROFESIONAL

Sal do Teatro: Brokeback Sabucedo: 960,00 €

Verdeveras Expresións Artísticas: As formas do amor: 1.560,00 €

Producións Teatrais Excéntricas: O auto do Castromil: 2.323,20 €

Malasombra: Testosterona: 2.032,80 €

Amorodio Teatro: Cortello de amor: 1.281,58 €

Isabel Risco: Bravas: 1.016,40 €

RC-CC

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre: Axúdame a sentir: 6.336,00 €